6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Guillermo Lourido, ese mozo gaiteiro

– Xosé Manuel Lema-

Este mozo só ten 89 anos. Gaiteiro histórico que percorreu co seu instrumento as terras de Xallas, Barcala, Bergantiños. E máis alá.Como un arrieiro musical encheu coa súa música as vidas de moitas aldeas e parroquias. E iso ten moito mérito.

Porque coas súas mans Guillermo están aguantando unha bandeira de cultura. E dando un exemplo de paixón e de que xuventude está na actitude e non no D.N.I.

Segue día a día coa súa gaita. Como ti respiras ou lle botas unha ollada ás redes sociais, Guillermo Lourido, ten que toca-la gaita.E iso e o que é Guillermo. Un mozo gaiteiro. De Pazos. Da tribu dos grandes gaiteiros onde o Xallas redobra coma un tambor.E aquí está Guillermo tocando nestes días dun Entroido raro, pero onde a música non debe parar.

P.D.) Cando as cousas melloren sacarei o tambor do armario para acompañarte, formando trío con Manolo Rodríguez coa acordeón. Iso sen contar coa Foliada en Radio Xallas!!!!

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos