– Xosé Manuel Lema-
Non todos os días falamos cunha artista que nos presenta un libro e unha canción. Este foi o caso, nunha nova edición de “Na Encrucillada”, de Belem Tajes.
Entrevista a Belem Tajes en Radio Xallas- Minuto 30
Un bolero de Antonio Machín
Poidemos falar de “Noite de Lúa”, unha versión estupenda dun bolero do mítico Antonio Machín.”Foi moi bonito transformar o bolero en galego para que, dalgunha maneira, Machín voltara as súas raíces. Non é unha traducción literal pero penso que quedou xeitosa”.
Acabamos de gozar con “Pájaro Negro” e agora temos esta “Noite de Lúa”.
“Cantos do mar de Irlanda”
E un libro. “Cantos do mar de Irlanda”. A iniciativa xestouse “froito dunha viaxe que eu fixen a Irlanda, a recoller cancións irlandesas que falaran sobre o mar e poñelas no contexto coa idea que temos en Galicia”.
Hai coincidencias e hai diferencias.”Os nosos cantos mariñeiros son moi colaborativos, de moita xente xunta. Eles teñen un cando tradicional individual, cunha voz espectacular, solista. É algo máis solemne e menos festeiro”.
Na súa experiencia comprobou a perda de presenza do gaélico que “cada vez se fala menos”.Este volume “Cantos do mar de Irlanda”, que se pode adquirir contactando na web da artistas ou nas súas redes sociais, conta cun prólogo de Xurxo Souto.