14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Tamara Pérez:”Con Sinfonía de Amor queremos transmitir bo rollo e alegría”

“Con Sinfonía de amor, queremos chegar á máxima xente posible e transmitir bo rollo e alegría”. Despois de meses de traballo con Samuel Bugía e DJ Federato a artista ourensá está máis que satisfeita co resultada deste lanzamento:

“Cando traballas cun bo equipo, como foi neste caso con Samuel Bugía e DJ Federato, só poden saír cousas boas.Estou encantadísima de ter vivido esta experiencia desde un principio con eles”.

Escoita a entrevista con Tamara Pérez Vázquez – Min 61-

Tamara Pérez confesa que é de gustos musicais variados: Whitesnake, Georgina e Juan Luis Guerra conviven sen problema. Sobre “Sinfonía de amor” comenta que “é un tema pop moi actual, moi alegre que fala do amor que sempre é unha aposta segura na música”. Engade que os comentarios que están recibindo sobre a canción “son moi positivos”.

No Bamboleo “tan ilusionada coma o primeiro día”

E claro é inevitable falar do programa no que participa, o Bamboleo da TVG:”Tentar levar alegría a casa e o gran cometido de Bamboleo. E resulta moi gratificante. A audiencia segue sendo fiel e estamos moi agradecidos”.

Confesa que segue “tan ilusionada coma o primeiro día”. Mentres mantén proxectos como Soul & Roll con Miguel Araújo co que traballa “para ofrecer algo novo que ten moito que ver coa nosa cultura e coa lingua”.

Tamara agarda que a situación sanitaria vaia mellorando e non se esquece dun sector que tanto apreza:”Detrás dunha verbena hai moitos profesionais que viven dela, haio moita  xente que vive das nosas festas e da cultura en xeral”.

Foto-Rafa Quintáns

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos