9.7 C
Santa Comba
sábado, abril 19, 2025

Novidades poéticas en tempos de pandemia

– Xosé Manuel Lema – 

Chegan libros a nosa redacción. Non sempre podemos darlle a cobertura que desexaríamos, por cuestións operativas, pero cando menos queremos facer referencia a esos versos que nos chegan en forma de libros. Esa dose que necesitamos .

“Versos do Desasosego” de Ana María Barral

Desde a colección “Letra inversa” de Toxosoutos recibimos os “Versos do desasosego” de Ana María Barral primeiro libro da autora e profesora nada en Guitiriz. Un volume de “versos intimistas que xiran en torno á saudade, esa compañeira rosaliana e universal”.Unha mostra:”Traio escumas de horas luminosas, brancas de mares as súas palabras de alborada, coma ás de bolboreta”.

“Tempo Líquido” de Paula Varela

Outro libro desa mesma colección é “Tempo Líquido” de Paula Varela Díaz. “Doulle as grazas a miña querida poesía. Sen ella, plasmar todo o que conteñen estas páxinas sería misión máis que imposible e tediosa” escribe a poeta.

Desde a editorial indican que “Tempo Líquido” é “un libro de poemas dunha autora que comeza o seu camiño literario, na procura dun verso limpo e fondo. No cruce da paixón e do pensamento, da instrospección máis sincera e na emoción máis pura. Un poemario dunha nova voz que dará moito que falar”

“Desde onde non nace”(Medulia)

Xa ten unha ampla traxectoria como escritor e activista cultural, Manuel López Rodríguez, autor do libro “Desde onde non nace”, editado por Medulia.

Falamos dun poemario que ganou o VIII Premio de poesía Manuel López Ardeiro do concello de Negreira. E tendo en conta o nível do xurado pois o libro xa convida a súa lectura. Foron os membros Xosé A. Ponte Far, María López Sánchez, María Rey, Diana Varela e Xulio López Valcárcel.

Esta semana tamén nos fixemos eco doutro lanzamento dun libro de poesía, o de Teresa Ríos “Non estamos preparaddos para medrar”, editado por Urutau.Estas son as propostas poéticas que recollemos hoxe coa ledicia de constatar como a paixón lírica segue latexando polo noso país.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos