“Non estamos preparados para medrar” é o primeiro poemario de Teresa Ríos, poeta nada en Dumbría e habitual nos programas especiais de Radio Xallas.O libro está xa na prevenda e pode conseguirse no espazo web da editorial Urutau nunha promoción que acompaña outro volume de agasallo.
“É un poemario de proximidade que fala do feitizo do mar, da lúa, que perfila os devezos, dos medos, das luces e sombras que nos asedian no cotián a cada un de nós” declara a autora.Pero tamén é un poemario que fala dos males endémicos e de liberación e esperanza.
É un libro que conta cun limiar da poeta María Lado que , entre outras cousas, esribe:”Este libro é un ensaio da dor e do fermoso, un ensaio para a vida. Porque escribir é crear unha vida que perdura. E ler é vivir moitas veces, escarmentar na cabeza das outras».
Achegar a poesía á rúa
Foi escrito “en menos dunha semana”, aínda que logo engadiu algún texto. “Foi preparado para un certame pero non o enviei” comenta Teresa Ríos. Logo chegou a oportunidade de editar nesta editoria, e aquí está o volume que será presentado no Instagram de Urutau o 12 de febreiro ás 20h, e máis adiante, con actos en Ponteareas e Dumbría.
Rios reinvidica a difusión social da poesía. Forma parte do colectivo “Versos de Area”. E pensa que “os consellos teñen pendente a labor de achegar a poesía á rúa”.
Escoita a entrevista de Teresa Ríos en Radio Xallas- Minuto 71