6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O primeiro exemplar do suplemento de La Noche. Un oasis para as Letras Galegas

– Rafael Lema Mouzo –

O sábado 15 de outubro de 1949 nacía o «Suplemento del sábado» do xornal compostelano La Noche, «índice semanal de las artes y las letras». Nos duros anos da posguerra e nun tempo aínda de mobilización militar esta iniciativa merece o noso recordo, polo mérito que tiñan os seus promotores, aos que debemos incluir dentro das iniciativas pioneiras no recoñecemento da nosa lingua e das nosas letras tras a guerra civil, en circunstancias moito máis complexas cas de hoxe.

A biblioteca do colectivo PX de Ponte do Porto conta cun exemplar orixinal desta primeira edición. Nel podemos ver que aparecen destacadas plumas das letras galegas e os textos en galego son a metade do total. No guión faise mención aos obxectivos da publicación, «Descubrimiento del propio país, de sus cualidades vitales y econónicas, guión de los valores del espíritu», polo labor de «un equipo de conscientes gallegos, que al andar por casa, o aventurarse por otras tierras, sepan sentirse tan sencillamente hijos de su patria, como pródigos ciudadanos del mundo».

Cando tiven nas mans o exemplar e coñecendo as vicisitudes da época, sorprendeume o uso da nosa lingua en boa parte dos textos, e a calidade dos escritores. Na portada do xornal, tamaño sábana de 8 follas, aparece un saúdo de Borobó, que seguro está detrás doutros seudónimos usados no semanario. Un recordatorio a Lamas Carvajal, e «o poema do amor lonxano de Xofre Rudel», texto trobadoresco de Álvaro Cunqueiro. Na contraportada faise un balance de actos das artes e as letras na rexión e un conto de Xohan Ledo.

«Relato diant´a a noite» de Ramón Otero Pedrayo

Na páxina 4, dobre, aparece o «Relato diant´a noite» de Ramón Otero Pedrayo. O artículo «Recuerdo de Jesús Corredoira», por Ángel Fole. Unhas glosas de Rosalía seleccionadas por Adriano del Valle. Dous poemas de Christine Georgine Rosetti, poetisa inglesa irmá do pintor Dante Gabriel Rosetti, traducidas ao galego por Plácido R. Castro, de Corcubión.

No correo bibliográfico dase conta dun historial de antoloxías de poesía en galego, 9 en concreto, aínda que se laia o gacetilleiro (que asina Asterisco), de que só hai unha que se pode adquirir agora nas librarías, «Poesía gallega medieval» (Dorna, Bos Aires, 1941). Mais comunica o articulista que se están a preparar dúas, e unha de dous tomos vai no prelo.

José María Álvarez Blázquez na páxina 2 escribe un longo artículo, «Descubrimiento de Galicia. Tuy en la novela». Completa a carilla Florentino L. Cuevillas con «Relaciones prehistóricas, entre Galicia y las islas británicas». Santiago Fernández elabora unha folla de economía, «el ahorro gallego» na páxina 7. Na 5 continúan os artículos económicos, sen firma, sobre «Industrias del mar» E «Economía agraria». Na páxina 3 temos un novo traballo en galego «Goethe no seu bicentenario», sen asinar, pero semella da man de Borobó. E unha columna falando do pintor Laxeiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos