O veterano cantante Manolo Couto encontrou nas redes sociais un punto de encontro cos seus fans e unha fiestra promocional estupenda:”Estou vendendo moitos cd,s por internet a Barcelona, Madrid, Suíza ou Santiago. As redes sociais son unha forma de chegar a todo o mundo”.
Desde o seu estudio difunde cancións propias e versións para os milleiros de seguidores que ten en Facebook e Youtube. Con casos moi curiosos. A súa versión de “Campanero Jerezano” suma unhas 800.000 visualizacións en Youtube.
Por iso fala sen cancelas. E nas redes sociais abreu un debate sobre os programas musicais da TVG:”Eu dígolles as cousas á cara porque non necesito deles. Eu vivo das miñas actuacions e dos cds que vendo nas redes sociais. E das reformas que fago”.
«Danlle de comer aos xubilados do sur e aos de aquí nin os saúdan»
Pero entende que a cousa debería ser diferente:”A TVG pagámola todos. Danlle de comer aos xubilados do sur e aos de aquí nin os saúdan. Mandei o CD fai varios meses e aínda non me contestaron hoxe”.
Manolo Couto pensa que “”É hora de que promocionen e paguen aos cantautores galegos na TVG sen ter que ir polo bocadillo”. Critica esta “política barata” e lembra que no seu caso “teño cancións de cousas que pasaron en Galicia e a xente na TVG quere escoitar cousas de Galicia”.