14.4 C
Santa Comba
sábado, noviembre 9, 2024

Catro mulleres toman a palabra en Radio Xallas

//Cristóbal Mourín//

Este mércores o programa “Na Encrucillada” remataba a súa andaina neste 2020 cun programa onde Xosé Manuel Lema se rodeaba de tres colaboradores “fixos” da súa proposta radiofónica: Rafael Lema, José Manuel Palacín e Álvaro Rodríguez.

Escoita aquí o programa de hoxe

Ademais o alcalde de Santa Comba, David Barbeira, achegouse á emisora xalleira para ofrecer a tradicional mensaxe de nadal. As noticias da comarca, as previsións meteorolóxicas, os titulares dos xornais e a música completaron esta edición do matinal.

Versos en Noiteboa

Pero Radio Xallas emitirá outra produción propia este xoves 24 de decembro, día de Noiteboa. Será a partir das 11,00h, nun programa especial conducido por Xosé Manuel Lema, no que as protagonistas serán catro mulleres poetas.

Regina Muñíz, Teresa Ríos, Tania Yáñez e Adolfina Mesa ofrecerán os seus poemas e saudarán á audiencia neste novo encontro nas ondas. Desde Radio Xallas queren agradecer a boa disposición e a colaboración destas catro artistas.

O especial poderá seguirse en directo desde o 107.5FM ou tamén por internet desde www.santacomba.es ou desde esta ligazón da nosa web.
Posteriormente o audio difundirase nas redes sociais e na plataforma Ivoox.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos