2.1 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Vero Rilo:“Por unha peseta é un exercicio de espirse diante da xente”

Foi unha frase que xurdiu tomando un viño en Santiago de Compostela no cabodano da avoa de Faia. Ela dixo:“A miña avoa vendeu a burra por unha peseta, por non vela morrer na casa”.

Este foi o xérmolo do espectáculo que Apatacón ofrecerá o vindeiro luns 7 de decembro no auditorio do Multiusos(21:30h). Así o contou Vero Rilo (a compañeira artística de Faia Díaz) no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Entrevista a Vero Rilo- Desde minuto 82

Por unha peseta, coa voz como punto de encontro

“Por unha peseta” mestura a narración oral e a música. “A voz é o punto de encontro.É un exercicio de espirse diante da xente”. Unha proposta onde aniñan o amor, o campo, a tradición, as nosas mulleres e o erotismo.

Onde se fala “do valor das cousas”. Onde haberá momentos para os sorrisos e outros para a reflexión. Vero e Faia (Apatacón) collen o testemuño de Galeatro, que actúa o domingo, nunha ponte da Constitución marcada pola cultura segura no concello de Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos