11.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

A “Muiñada” de Galeatro chega a Santa Comba

A compañía carballesa Galeatro presenta o  vindeiro domingo, 6 de decembro, en Santa Comba o seu espectáculo “Muiñada”.Desde as 20h no multiusos xalleiro. Para conseguir unha entrada(de balde) é preciso achegarse á Casa da Cultura xalleira(de 9 a 14 h na oficina de cultura ou de 16 a 20h na Biblioteca).

“É unha obra baseada en historias que fomos recollendo de persoas que empregaban os muíños” explica unha das intérpretes, Alba Bermúdez. A intención é “achegarnos as nosas tradicións” xa que “en moitos sitios os muíños non deixan de ser unhas pedras”.

Entrevista Alba Bermúdez- Desde o minuto 65

Alba Bermúdez é unha desas persoas que se achegou a arte dramática a través do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.”Foi onde me empecei a interesas polo teatro como espectadora” sinala. 

“Muiñada” recrea un encontro nun muíño, cando dúas persoas interpretadas por Alba Bermúdez e Tone Martínez confunden unha quenda e aí comeza a historia. E o luns ás 21:30 no multiusos  actuará Apatacón con “Por unha peseta”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos