9.7 C
Santa Comba
sábado, abril 26, 2025

Cinco funcións nos Venres Teatrais do concello da Laracha

O Concello organiza o programa para achegar as artes escénicas á cidadanía e apoiar ao sector cultural.

As obras principiarán ás 20:30 horas e cumpriranse todas as medidas sanitarias de prevención ante o coronavirus.

31 de outubro de 2020. Novembro é sinónimo de teatro na Laracha. Todos os anos o Concello organiza nese mes os Venres Teatrais con cinco das mellores pezas do panorama galego.

En todo caso a celebración do programa e as condicións de acceso estarán suxeitas a posibles cambios en función da situación epidemiolóxica e das medidas sanitarias e sociais que poidan establecer as autoridades competentes.

A día de hoxe a situación sanitaria limita a asistencia de público ao cincuenta por cento do aforo da Casa da Cultura e estipula a obrigatoriedade de que as persoas que ocupen o patio de butacas permanezan coa máscara posta durante toda a función. Ademais, debido á limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno, decidiuse adiantar a hora de inicio das funcións con respecto a edicións anteriores e as obras comezarán ás 20:30 horas. 

Cumprindo estritamente ditas medidas de seguridade, o Concello levará a cabo os Venres Teatrais co dobre obxectivo de ofrecer á cidadanía unha oportunidade para achegarse ás artes escénicas presenciando espectáculos destas características e de apoiar ao sector cultural, especialmente afectado pola crise do coronavirus. 

A primeira cita será o venres día 6 con Vida de cans, a nova comedia paródica e metafórica da compañía ceense Talía Teatro dirixida a maiores de 13 anos de idade. Os actores Artur Trillo, Toño Casais e Dani Trillo protagonizan a obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó.

O venres 13 será a quenda para Bernarda, da compañía Malasombra Producións. A protagonista, interpretada por Luisa Merelas (coñecida polos seus papeis en Matalobos, Fariña e Casa Manola), tras quedar viúva a mediados dos anos ‘70 pretende que todo continúe sendo igual que sempre e que as que considera malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen nin a ela nin ás súas fillas, ás que dan vida ás actrices Celia González e Esther Aja.

A comedia Papar ser cancelas traerá o venres 20 á Laracha a Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, tres xeniais “chefs” que preparan menús para diferentes personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual.

O día 27 en Chola, a IT Girl Laura Valverde porá en escena á protagonista da peza, unha mecánica de coches, blogueira e youtuber galega que é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber.

O pano dos Venres Teatrais pecharase o 4 de decembro con Soa un espectáculo protagonizado por unha muller maltratada física e psicoloxicamente á que dá vida a actriz Rogelia dos Outeiros. A peza, dirixida a maiores de 12 anos, está dirixida por Fran Rei e inspirada no monólogo de Darío Fo La donna sola.

Todas as funcións serán con entrada gratuíta por orde de chagada e ata completar o aforo máximo permitido. Colaboran co Concello na organización dos Venres Teatrais a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e no marco do programa FalaRedes 2020 e do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos