14.9 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

“Polo Camiño, contos da feira” en Paiosaco

O Centro socio-cultural de Paiosaco, no concello da Laracha,  acolle o vindeiro domingo 1 de novembro “Polo Camiño, contos da feira”. Será a partir das 12 do mediodía, dirixido aos nenos, que só poder ir acompañados por un adulto.A iniciativa inclúese no programa de dinamización Lingüística FalaRedes.

A historia de “Polo Camiño, contos da feira” ambiéntase nunha feira tradicional onde conviven seis protagonistas que ofrecen distintos contos e cantos. A minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.

Trátase dun espectáculo para todos os públicos no que se empregan títeres de luva, marotas e títeres de táboa. A compañía teatral A Cova das Letras ofrece unha proposta baseada na tradición oral galega e noutras literaturas populares.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos