17.1 C
Santa Comba
lunes, septiembre 30, 2024

Isi:”A xente quere rir e desconectar.Fai falta humor“

– Xosé Manuel Lema-

José Manuel Rodríguez “Isi” é un valor seguro para rematar o ciclo “RiXallas” de Santa Comba. Ou para facer que nos “escarallemos” e haxa unha explosión de gargalladas en calquera auditorio. Co seu estilo de home rural que trae consigo unha mochila de historias:”Levo recopilando anécdotas toda a vida. É o legado da miña nai ou da miña tía. A maioría son reais” afirma.

E esas historias son a base dos monólogos:”Teño un repertorio de contos e despois vou improvisando”. Porque Isi tamén cree no poder terapéutico das risas:”Rir fai moito ben, é saúde. A xente quere rir e desconectar. Fai falta humor”.E da necesidade das actividades culturais:”Sen cultura non podemos vivir. Que faríamos confinados sen un libro ou unha película para ver?.

ENTREVISTA A ISI EN RADIO XALLAS-DESDE O MINUTO 59

A situación segue sendo estraña:”Vas pola rúa e ves miradas pero non sorrisos. O que máis boto de menos son os abrazos e os sorrisos”.A Isi non lle falta traballo e séntese agradecido. Monólogos, e participacións en programas como o mítico espazo de Radio Galega “Pensando en Ti” que dirixe Marcial Mouzo, ou o “Bamboleo” de Xosé Manuel Piñeiro na TVG.

Este venres volverá a terras xalleiras con “anécdotas simpáticas e curiosas para facer rir”. Considera que hai que seguir adiante “con moita preocupación e respecto e seguindo os consellos das autoridades”. Claro que sí, e con “chutes” de retranca e chistes do artista estradense, todo será máis doado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos