O humorista Federico Pérez valora que se organicen eventos como o RiXallas:”É importante que a xente siga alimentándose con cultura, teatro, cine, ou monólogos. É algo fundamental. Aínda que sexa con menos aforo.Hai malas noticias por todas partes.A xente necesita sorrir”.
O actor lamenta que “o que queda sempre para o final é a cultura, parece que non lle importa moito a dirixentes, pero é necesaria”.
Entrevista a Federico Pérez en Radio Xallas- Desde o minuto 37
“Os monólogos son sempre diferentes”
Atopa nos monólogos algo especial:”Os monólogos son sempre diferentes. Hai unha base pero despois depende da mestría e da chispa que teña cada un”.
E tamén do que poida ver o humorista no auditorio ou mesmo polo camiño. E ao actuar en lugares como Santa Comba sempre existe un plus (Fede é de Mazaricos):”Hai unha cercanía da que podes botar man. E moitas experiencias vividas, como nos tempos da marcha de Santa Comba” comenta.
E usa a retranca para reivindicar a necesidade da cultura e do humor:”O humor como o sexo de vez en cando está ben”. Federico Pérez actúa esta noite no ciclo RiXallas que estreou a pasada semana Oswaldo Digón. Non fai moito tempo que estivo provocando gargalladas no Campo da Feira xalleiros cun dúo chamado “Os Tristes”.