13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Sés apraza varios concertos ao dar positivo por Covid-19

Sés tiña previsto presentar este domingo o seu disco “Liberar as arterias” cun concerto no Pazo da Ópera da Coruña. Sobre este novo traballo a cantareira falou recentemente no programa Na Encrucillada de Radio Xallas.

Pero a data acaba de ser aprazada polo positivo por Covid-19 dado pola popular artista galega. Fontes cercanas a Sés, confirmaron que “se atopa en bo estado no seu domicilio”. A propia artista quere enviar unha mensaxe de tranquilidade ao seu público, ao que agradece a confianza no seu traballo. 

Este aprazamento tamén afecta a outras das actuacións previstas nos vindeiros días, como son o sábado 10 no Rosal e o mércores 14 en Santiago. Pronto se coñcerán as novas datas. Desexamos que se recupere canto antes.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos