– Xosé Manuel Lema –
Un día Oswaldo Digón escolleu o camiño do humor, e todos gañamos un excelente artista. O ano pasado deixou unha bo sabor de boca no ciclo RiXallas. Iso supuxo que nesta ocasión repita.
Os monólogos teñen o seu encanto. ”Cada monólogo ten un esquelete pero cada espectáculo é distinto. Cada verba é diferente. Hai moita improvisación. Nunca sabes onde podes chegar” comentou en Radio Xallas.
Entrevista a Oswaldo Digón en Radio Xallas(min 70
Todo isto nun novo contexto que non debe impedir que os humoristas nos sigan facendo sorrir:”Os monologuistas mantemos moi ben a distancia social con nós mesmos”.
Non podemos estar máis de acordo con Oswaldo Digón:”O humor é unha ferramenta para ser felices. Hai cousas ás que se lle pode dar unha volta para afrontalas con máis suavidade” asegura.
Ten claro que “subir a un escenario a contar cousas é unha responsabilidade, e tamén queremos sacar un sorriso desya situación na que estamos”.Xunto cos seus monólogos, Digón ten un show co grande Carlos Blanco, colabora en Malicia Noticias, toca con Almas de Cántaro e tamén participa en actuacións co divulgador Xurxo Mariño.