8.7 C
Santa Comba
miércoles, febrero 21, 2024

Case douscentos galegos participaron na evasión do penal de San Cristóbal

Esta historia ten unha conexión moi forte con Galicia.Na fuga do forte de San Cristóbal participaron 795 presos, dos cales 198 eran da nosa terra.”Un de cada catro fugados son galegos” comenta Francisco Xavier Redondo Abal, autor do libro “Ezkaba.Galegos na grande evasión” (Toxosoutos).Desa relación de “fuxidos”, 55 morren asasiñados, na persecución posterior. 

Varios veciños foron acribillados. É o caso de Pacífico Constante Campa Santos(Ponte do Porto), Manuel Barrientos(Muxía), José Caamaño Lema(Carnés-Vimianzo), Vicente Mejuto(Cee) e Manuel Pombo(Coristanco).Outros foron capturados: Gumersindo Lema Barbeira(Ponte do Porto) e Antonio Blanco Castro(Muxía).

Entrevista a Francisco Xavier Redondo- Desde minuto30-

“A maior porcentaxe de asasiñados no  monte, un 27%, é de orixe galega. Na súa maioría son rapaces novos. É unha historia moi tráxica” afirma Redondo.

O autor quere “reivindicar o nome dos esquecidos” e tamén recordalle ás autoridades autonómicas galegas que o protagonismos que tiveron moitos paisanos nosos “foron xulgados en Galicia e empezaron a ser levados en vagóns de mercadorías a San Cristóbal” e onde se enfrontaron “as condicións inhumanas, penurias, maltratoe fame”.Constante Campa era xornaleiro, Gumersindo Lema fogueiro, e Vicente Mejuto, chofer. Había canteiros, mariñeiros e albaneis.Entre 1936 e 1945 estiveron neste cárcere uns 600 galegos.

Francisco Xavier Redondo sinala que había “un plan de evasión argallado desde finais de 1937. Todo levouse cunha grandísima discrección. Aproveitaron a “baixa cantidade de vixiantes” que había aquel domingo 22 de maio de 1938 para desaenvolver a estratexia prevista:”Vánse facendo cós pabillóns e hai unha grande desbandada”.Do 2.487 presos, fuxen 795. O obxectivo era chegar a Francia. Só o conseguen tres ou catro.As forzas militares reaccionan rápido. E abortan os soños de todas estas persoas.Os seus nomes, os detalles aparecen neste libro que iníciase cun prólogo de Claudio Rodríguez Fer.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos