14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

De Vacas:”Toda a nosa crítica faise desde a perspectiva do humor”

Paula Romero, Inés Salvado, Faia Díaz e Guillermo Fernández son De Vacas. Un grupo que coas súas retranqueiras versións de cancións populares fixéronse un oco na primeira liña da música galega.

E non só en Galicia, porque De Vacas actúa con moita frecuencia en Euskadi, a comunidade Valenciana ou Castela-León. Non lle vai mal a cousa:”Este mes estamos traballando máis que nun outubro doutro ano”.

E cal é o segredo?- Quizais sexa a transparencia, tratar temas que son tabú na boca das mulleres, ou a simpatía e o humor que empregamos”, asegura o guitarrista da banda, Guillermo Fernández.

Entrevista a Guillermo Fernández en Radio Xallas (min 59

Humor non falta nin tampouco a crítica social:”Toda a nosa crítica e reivindicación faise a través do humor, e desde esa perspectiva”. Por exemplo, darlle a volta a un “hit” que rezuma machismo, para expresalo ao estilo “De Vacas”.

Están felices porque lévanse todas ben e “o proxecto é moi divertido”. Guillermo explica que o peor é escoller un tema:”A elección das cancións é o proceso máis complexo do noso traballo”.Iso sí permite “descubrir boas cancións detrás de grandes produtos comerciais”.

Son De Vacas e actúan este domingo 11 de outubro no auditorio do edificio multiusos de Santa Comba, a partir das 9, dentro do programa “Outono Cultural” do concello de Santa Comba. As entradas están esgotadas.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos