Xosé Manuel Lema– Xa hai un feixe de anos que, coma en tantas ocasións, dando voltas polas hemerotecas encontreime nun xornal da capital de Galicia cunha copla curiosa, publicada con motivo dun concurso de gando celebrado en Santa Comba en 1917. O autor deste “palique xalleiro” era un tal Antón do Campelo. Esta é a copla recuperada, que xa fora publicada no xornal Anosacosta, e que hoxe partillamos neste dixital tamén.
“O meu Teixo”
A outro día de San Pedro
antes das dés da mañán,
alí, n-o campo da feira,
c-o meu becerro ei d-estar.
Moi farsante así dicía
un raparigo d-acá,
que levaba po-la corda
un touro, gran ejemplar
que do mellor d-a redonda
críanse en Xallas, en Zás,
en Negreira y en Paramos,
en Suevos y en Armán.
Verés que Teixo Valente
( así berraba o rapás).
Meu becerro e moi feitoso,
dous aniños hoxe fai
c-o vacunou o Raxado,
contra o mal d-o Lubicán,
e a Santa Comba eu o levo,
pois concurso alí vós a
c-aquel don Xan dá Cruña
intelixente en xusgar,
prepara con entuseasmo
pol-a raza e sanidá.
Van pedir qu´o meu teixo eu venda
e non o poden mercar;
en ferradiño de pesos,
non o pagan, non, caray,
¿Qué dixo Louso e Farruco
Cand-o o viron ouservar
a o Siñor de Rof Codina
na Santa Comba a mañán,
a-o presentarse a-o gran premio
en xusta legalidá,
por ser o Teixo o PRIMEIRO
como touro en padrear?
Enfén: Xesto da Carboeira
Pode decir e falar.
¿Non tolean xa pro él
As becerras de Vilar,
de Freixeiro, San Cristobo
de Randulfe e de Marsán,
de Cícere, Casadoira,
Céltigos e San Cibrán,
Illa, Barcala e A Baña,
Que mo queren atrapar?
¡Non ha querer, si é bo mozo
Non ha querer si é bó pai!
¡Ay viciños de Negreira,
De Santa Comba e de Zás!
Ay nenas, mozos e vellos
d-eiquí e da Cristiandá
¿querés un becerro agora
com-o Teixo? pois falar
c-o becerro qu-eu teño
e bon fillo dos seus pais.
Antonciño d-a Xacoba
deixa as ánemas na pás,
unha copa de xinebra
¡ay Franela d-o Pombal!
votarasme a saudiña
d-o meu touro, qu´e capás
de enamorar as becerras
d-a gran feira d-o Ceilán.
Un aturuxo botemos
por Rof Codina(Don Xoán)
orgullo d-esa gran cencia
que cur-as enfermedás
e que reparte bós premios
c-o Teixo ven a trapar.
¡Que vivan estes Concursos
e-a Comisión provincial!
¡Ey Carballeira! así dixo,
O entuseasta rapás
autor d-o palique este
c-os axabo de espricar.
E-a Salamanca vos ides
Si queres saber máis.