“Fisterras Atlánticas, Finisterres Atlánticos, Atlantic Finisterres” é o título do libro publicado por Medulia editorial. Unha escolma de versos, coordinada por Antonio de Toro e José Miguel Alonso Giráldez. Versos en tres idiomas, galego, castelán e inglés.
Como sinalan na introducción é “unha invocación ao encontro entre poetas galegos e irlandeses en torno ao territorio excepcional da costa atlántica”.Unha interesante antoloxía chea de paixón lírica.
Poetas galegos
Participan neste volume os poetas galegos: Marilar Aleixandre, Vicente Araugas, Xulio López Valcárcel, Xavier Seoane, Chus Pato, Francisco Xosé Fernández Naval, Manuel Rivas, Alexandre Nerium, X.H. Rivadulla Corcón, Francisco Souto, Miro Villar, Rafa Villar, Modesto Fraga, Xosé Manuel Lema, Diana Varela Puñal, Dores Tembras, Martín Veiga, Lupe Gómez, Luz Pozo Garza, Xosé Iglesias, Suso de Toro e Xurxo Souto.
Poetas irlandeses
Pola parte de Irlanda:Pearse Hutchinson, Richard Murphy, Thomas Kinsella, Brendan Kennelly, Seamus Heaney, Derek Mahon, Eiléan Ni Chuilleanáin, Bernard O´Donoghue, Theo Dorgan, Maru O´Malley, Séan Lysaght, Lorna Shaugnessy, Paddy Bushe,Alannah Hopkin, Geraldine Mitchell, Keith Payne, Michael J. Carroll.
A presentación da antoloxía “Fisterras Atlánticas, Finisterres Atlánticos, Atlantic Finisterres” tivo lugar na Coruña. No barco do poeta-mariñeiro Xosé Iglesias.Xunto co patrón do “Primeiro Villar” estiveron Antonio de Toro, José Miguel Alonso, David Clark, Diana Varela(directora de Medulia), Xurxo Souto, Manuel Rivas e Rivadulla Corcón.