7.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Sés:”Fóra ninguén ve estraño que cantes na lingua que mamaches”

– Xosé Manuel Lema- @xmlema

Sés presenta o vindeiro 11 de outubro no Pazo da Ópera da Coruña o seu último disco “Liberar as arterias”. Un traballo que segundo ela “marca un punto de inflexión” na súa carreira artística.

“Liberar as arterias”, “Quen son os meus” e “Espiñas sen rosa” son dos temas favoritos dunha muller que segue mantendo que “eu o que teño claro é que son cantareira”. E non deixa de reivindicar o potencial da cultura popular galega. Na súa proposta “as raíces agora están máis na terra que nunca” asegura. 

ENTREVISTA A SÉS DESDE O MINUTO 60 DO AUDIO

Insiste que é necesario “darlle valor ao noso”. Algo que aquí ainda non se asume, pero si lonxe da nosa terra:”Fóra ninguén ve estraño que cantes na lingua que mamaches”.Sés ten claro que “non hai barreiras idiomáticas para os temas con identidade”. Entre as súas preocupacións  está “o medo a perder a frescura”.

Fuxe de todo o rebumbio das redes sociais e das imaxes de marketing:”Non me gusta o postureo, gústame a veracidade”. E a autenticidade de artistas coma Luz Casal ou Raphael, e non a actitude dos famosos que dun día para outro acumulan milleiros de fans nas redes sociais:”Eu teño paixón pola música non polo Instagram” sentenza.

Para Sés “a expresión artística ten que ser real pero non sempre transcendental”. “Liberar as arterias” é un poema dunha persoa a que debemos referirnos, a poeta Luz Fandiño porque “representa todo o que eu quero ser”.

María Xosé Silvar segue producindo os seus discos. E avanzando con humildade e traballo polo camiño da música. Pero non está soa. Ten detrás unha lexión. Por algo será.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos