Oswaldo Digón, De Vacas, Federico Pérez ou Isi actuarán na capital do Xallas.
Coa actuación do mago Martín Camiña, este domingo 4 de outubro comeza a programación do Outono Cultural que organiza o departamento de cultura do concello de Santa Comba. Camiña ofrecerá desde as 18h o espectáculo “Linguado país”. Todas as actuacións desenvolveranse no auditorio do edificio multiusos con entrada de balde con invitación e ata completar aforo, seguindo o protocolo Covid-19.
RiXallas 2020
Collerá o testemuño, o venres 9 de outubro ás 22,00h o humorista Oswaldo Digón, dentro dunha nova edición do ciclo RiXallas 2020. O domingo 11, chegará o “Tour Vacanal 2020” do grupo De Vacas(21,00h).
A segunda proposta do RiXallas é a do actor mazaricán e humorista Federico Pérez, que ofrecerá o seu monólogo o venres 16 de outubro. A terceira cita do ciclo de monólogos cómicos estará protagonizada por Isi o venres 23 de outubro. As dúas funcións serán as 22,00h.
O mércores 28 de outubro entregaranse os premios dos concursos de redacción e fotografía(18,30h). Ao día seguinte, e para divulgar a obra de Carvalho Calero, haberá unha actuación de Xoán Curiel e Charo Pita(11,00h) dirixida aos centros escolares xalleiros.
E o mes de novembro o teatro será o protagonista no programa cultural. Con tres funcións durante tres venres consecutivos. O 13, 20 e 27 de novembro, ás 22,00h.Actuarán Os Náufragos Teatro, Teatro del Andamio e Malasombra Producións.