10.7 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Tito Concheiro: “O Castro das Barreiras sorpréndeme, é un xacemento moi potente”

Entrevista ó arqueólogo Tito Concheiro Desde min 27

Xa está en marcha unha nova campaña de excavacións no Castro das Barreiras, en Vimianzo. E o arqueólogo Tito Concheiro non deixa de sorprenderse con tódolos tesouros que agocha este enclave soneirán.

Este xoves despexaba unha dúbida e adiantaba no programa radiofónico “Na Encrucillada” que “a parede interior da muralla construiuse en escalóns”. Unha novidade que sospeitaban pero que agora poden certificar.

O experto está convencido:”Aquí hai algo moi gordo”.Para Tito Concheiro o Castro das Barreiras é “un xacemento moi potente, unha especie de lugar central que influía nos demais”.

Estamos ante un castro que non segue o patrón doutros que se sitúan en outeiros, cumios ou zonas altas con carácter defensivo. A razón pode ser a vocación agraria dos antigos poboadores e que “O Val de Soneira fora un nó de comunicación”.

Moitas sorpresas nunha experiencia inesquecible. Concheiro agardaba un nivel de ocupación máis breve, “as grandes casas ovaladas non son as características desta zona”, ou as vivendas “teñen un interior ben conservado, co seu forno e a súa cociña”.

Tamén destaca que se localizaron cerámicas procedentes de distintas partes de Galicia, obxectos de ferro que son máis habituais nas comunidades centroeuropeas, ou pezas de culto, máis propias do Mediterráneo.

Coincidindo co inicio da nova campaña de excavacións, o equipo do entusiasta Concheiro recibía a visita da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, comprometida con conservar, divulgar e seguir desenterrando grolos de historia do Castro das Barreiras.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos