10.9 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Dequenvessendo: un río de folk onde habitan as xacias

O grupo de Dequenvessendo xa ten o seu primeiro disco no mercado. En en poucos días, o venres 18, dará un concerto de presentación no Teatro Rosalía de Castro(20h).

Segundo nos contaba Bieito Romero Diéguez no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas este é “un disco cheo de influencias da musica tradicional, tanto da galega como da doutros países celta, cun pilar fundamental que ten moito peso, a literatura de tradición oral”.

Escoita a entrevista con Bieito Romero, a partir do minuto 61

Para o frautista e gaiteiro nesta obra tamén é moi importante “a mitoloxía e a poesía” dentro dunha proposta de “folk contemporáneo que bebe de moitas influencias doutras músicas e doutras culturas”.

E precisamente Dequenvessendo recolle a lenda da xacia de Chouzán, recuperada polo párroco de Vilar de Ortelle, Ramón de Castro, no 1927. E unha xacia (un ser metade humano e metade peixe de auga doce) protagoniza este traballo e “a través dela poder contar toda a tradición e todo o vínculo que hai en Galicia coas augas”.Aparecen textos de autores galegos como é o caso do baiés Enrique Labarta Pose.

«A muiñeira da Cabra»

E tamén temos colaboracións musicais de Sés, Bieito Romero, Nani García ou Javier Cedrón.O primeiro sinxelo é unha estupenda peza, pegadiza e rica en matices, como a “Muiñeira da Cabra”, que significa moito para esta banda:”É unha canción que nos representa moi ben. Xa a tocamos nos inicios, e sempre nos acompañou”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos