400 Golpes son Carla Winter e Xosé Manuel Lago. Non se encadran “en ningún estilo” pero por concretar poden aceptar o termo de “pop independente”.
Actualmente difunden o seu EP composto por cinco cancións “A nena ideal”, “O Nadal”, “Tras da Luz”, “El remordimiento” e “Todo o mundo estaba alí”.
Hai un cosmos de poesía, cine, crítica social, cómics e distintas arroutadas literarias entre os sons de 400 Golpes. “Nada é o que parece” ou “o correcto pode ser bastante incorrecto” poderían ser títulos de cancións súas.
E da súa proposta musical falaron o pasado venres no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.Escoita aquí a entrevista a partir do minuto 11.
.
Un traballo que segundo conta Lago “está tendo boas reaccións”. Carla confesa que buscaban “algo moi improvisado, que saíra de nós, do que necesitamos dicir. Moitas cousas saen do cine”.Comezando polo propio nome.
Fan música para “divertirse” pero isto non significa que non haxa profesionalidade. De feito levan anos con esta paixón aínda que 400 Golpes sexa un proxecto novo. E defenden unha proposta musical interesante.
Seguirán “rompendo as normas” e sitúados “á marxe”. Compoñendo novos temas e agardando que unha certa normalidade os permita continuar tentando ser distintos.