14.7 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Xil Ríos:”En Galicia nunca houbo grandes managers, houbo moitos representantes de orquestras”

Xosé Manuel Lema // Entrevista con Xil Ríos desde o minuto 38 deste audio

Xil Ríos non necesita presentación. Ata aos máis novos lles soa. Ir a unha verbena e non escoitar “Xirarei” ou “Rapaciña Bonita” é francamente complexo.

Aínda que acaba de presentar dúas novas cancións na TVG está retirado dos palcos e da carreira discrográfica. Fai anos que tomou a decisión. Pero segue vendo carencias na estrutura musical:”Por desgraza en Galicia non houbo grandes managers para levar artistas. Houbo moitos representantes de orquestras pero a representación de artistas galegos nunca lles prestaron moita atención”.

E fala un artista que pasou de participar no Festival da Dorna a fichar pola compañía Philips-Fonogram. De cantar cos amigos en Moaña a compartir estudios con Nino Bravo, Miguel Ríos, Paco de Lucía ou Los Chichos.”Foi un cambio total” sentenza.

Acábanse de cumprir corenta anos do lanzamento de “Xirarei”, tema composto polo grande Juan Pardo “un profesional enorme, unha gran persoa”. Ríos lémbrase que este tema chegou a estar preseleccionado para Eurovisión o que pasa que “non se podía facer na lingua nosa e Giraré non era o mesmo”.

Pasou de ser un intéprete de corte social a asumir unha proposta popular e comercial. Iso despois de saber o que era sufrir un veto en TVE pola súa cancións “Aos meus amigos”. El cantou no seu idioma de berce pero recoñece que tamén tentou cantar no idioma de Cervantes:”Non pasa nada, Rosalía e unha grande poetisa galega e no seu momento tamén escribiu e castelán” engade.Pero “a discrográfica non lle interesou moito que en cantara en castelán”.

Está cheo de anécdotas, que se recollen nesta entrevista feita no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Ver xente chorando diante dos seus ollos cando cantaba “Nosa Galicia” ou chegar a unha actuación e comprobar que “non había suficiente electricidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos