13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Artenauta, unha fervenza de actividades culturais en Corcubión

O festival das artes “Artenauta” ofrece un amplo elenco de actividades para esta fin de semana, con epicentro na vila de Corcubión.De feito resulta complexo destacar algunhas das propostas porque son tres días intensos de expresión artística na vila de San Marcos.

O venres 14 de agosto arranca o festival con “Eucalipse Now”, un pasarrúas con performance(20h). Unha hora despois terá lugar, no Campo do Rollo, un concerto de Héctor Lera e Tres Calquera, con Marcelino de Santiago “Kukas” pintando ao vivo.

Sábado e domingo para visitar Corcubión

Será Kukas o que abra a exposición de pintura ao día seguinte no Cárcere Vello(11,30h), despois haberá una sesión vermú poética con Estevo Creus, David Creus, Alex López e Elías Outes(12,30h) no Campo do Rollo.

Xa pola tarde Artur Salvador ofrecerá un obradoiro de breakdance e terá lugar unha dobre sesión de cine na Capela do Pilar(Desde as 20h) coa proxección de “Os Fabulosos irmáns da luz” de Olaia Sendón. Ás 21h Leo de Matamá actuará no Campo do Rollo.

O domingo non faltará o teatro coa Farándula Velutina(19,30), a música experimental de Pablo Orza e o breakdance de Artur Salvador(21h). E sobre as 22h terá lugar o peche do festival cunha proxección de fotos do festival e o sorteo dunha obra de arte de Kukas.

Artistas en acción e exposicións varias

Pero ademais durante toda a fin de semana haberá “artistas en acción” en distintos puntos da vila de Corcubión. Pelucas elaborando un mural no paseo marítimo, Andrés López cunha instalación visual na Capela do Pilar, o fotomatón de Senén Ínsua, emisións desde Radio Neria con Miguel Vázquez Freire.

O festival “Artenauta” complétase cunha exposición do artenauta de honra, o fotógrafo Ramón Caamaño, e tamén das fotógrafas Alba Cambeiro, Lucía Gómez, Bárbara Prummer, Raúl Simón, Ana Naveiro ou Senén ínsua.

Poderáse gozar das exposicións de pintura de Viki Rivadulla, Pablo Orza, Marina Mouzo e Kukas, e das esculturas de Borja Ínsua, Camilo Seira, e Óscar Aldonza.E non podemos esquecernos da música enxebre das «Richonas» de Corcubión.

Tendo en conta o  amplo programa, as medidas de aforo e as restriccións por causa da COVID-19 e a posible choiva, o mellor e consultar as redes sociais deste fantástico evento en Facebook e Instagram @FestivalArtenauta.

A organización de Artenauta conta coa colaboración do concello de Corcubión, da Universidade Popular, Universidade Cromática, da asociación Boca de Sapo e dos establecementos Bar O Quenxeiro, Taberna Mariñeira O Ribeiro, Restaurante Pensión Mar Viva e Pub A Gavilla.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos