6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Emilio Lois:”Penso que é un bo momento para a música tradicional”

Un gaiteiro con maiúsculas. Un xalleiro da costa do Papamoscas, apaixoado da música desde moi pequeno e que forma parte de grupos como Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira, Faíscas da Pontagra, Ultreia ou Os Carapaus.

Con esta última banda estivo o actuando o pasado sábado en Santa Comba. Un grupo que segundo Lois fai “música tradicional adaptada aos tempos, con arranxos para que sexa máis levadeira para a xente en xeral”.

Da música “fresca” que levan facendo os Carapaus dese fai unha década falou recentemente en Radio Xallas. Por certo xa teñen “o terceiro disco prácticamente rematada, estamos cos últimos retoques”.

Entrevista a Emilio Lois en Radio Xallas- A partir do minuto 90

Emilio Lois destaca a “boa saúde” da música tradicional en Galicia:”Houbo unha criba de grupos pero na actualidade hai espazos suficientes para tocar, unha calidade musical moi grande e festivais de nivel.Penso que é un bo momento”.

Despois do confinamento hai que ser optimistas:”A xente demanda actuacións e non podemos deixarnos levar, seguimos ensaiando semana a semana e temos estar preparados”.A nosa música ten futuro.”A xente gústalle esta música da terra, levámola dentro”, conclúe Lois.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos