8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Axio Mouro: un ano de actividade en Santa Comba

A asociación Axio Mouro leva un intenso ano de existencia e con boas perspectivas de futuro. Disto falaron recentemente en Radio Xallas, a presidenta da asociación, Mónica López e o directivo Jorge Castelo.“Estamos cansados pero moi ilusionados” comentou Castelo, que xa tentara botar a andar unha asociación pero “faltou compromiso”.

Agora hai compromiso. É inevitable falar de música tradicional e activismo cultural sen mencionar a Pablo Seoane. Foi a actual presidenta, Mónica López, a que contactou co mestre gaiteiro, que lle aconsellou a un grupo de mozos para iniciar o proxecto.

Comezaron coas clases, celebraron unha Foliada de Nadal, e  quedaron varias cousas paralizadas pola crise sanitaria. Entre eles un potente festival que tiña previsto xuntar a unhas 800 persoas na capital do Xallas.

E logo “xurdiu a oportunidade de facer actividades para dinamizar o concello”. E nese punto estamos. “Cantos de Taberna”, “Feira do Gaiteiro”, “Cantar de Cego” con Francisco de Romualdo, obradoiro de instrumentos con Pablo Seoane, xornada de xogos tradicionais, taller de sancosmeiros (12 e 19 de agosto), e o grupos de gaitas dos “Santa Combers” percorrendo coa súa música as parroquias.

Axio Mouro conta cuns 110 socios e en breve abrirán o prazo para que se asocien máis persoas.

«Non hai ningún sitio en Santa Comba onde se poida escenificar Varilongo»

E como grande aposta de futuro está “Varilongo”. Ese proxecto deseñado por Pablo Seoane, cun «magnífico» guion xa feito, e a idea de que entre 2021 ou 2022 poida ser unha realidade.

A mágoa é que, a día de hoxe, Santa Comba non conte cunhas instalacións axeitadas para acoller esa representación. “Non hai ningún sitio en Santa Comba, onde se poida escenificar” lamenta Jorge Castelo.

Entrevista en Radio Xallas desde o minuto 64 deste audio

Mónica López fai un chamamento:“Necesitamos un sitio. Non temos un auditorio axeitado. A nosa petición a quen corresponda(Deputación, Xunta, concello) para poder estrear Varilongo no noso concello”.

Outra necesidade é que a xente se involucre. Ensaios que piden tempo.”É un proxecto arriscado polo compromiso da xente” sinala López.

SUSCRÍBETE A NOSA CANLE DE YOUTUBE AQUÍ

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos