11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Carlos Vieito, cando o Xallas corre polas veas

Audio coa entrevista en Radio Xallas (Desde o m 86)

– Xosé Manuel Lema – @xmlema

Carlos Vieito é un activista da lingua  e da cultura. Pero ante todo un xalleiro de pro, que presume de ter as súas raíces na parroquia de Montouto, en Santa Comba.“Levo a Santa Comba no peito. O Xallas corre polas veas”. Toda unha declaración de intencións.

Como a de pelexar polo idioma de Rosalía. E Vieito non se empregou en batallas menores. O obxectivo foi Twitter (en galego) alá polo 2011. “Conseguiuse reunir á suficiente xente para que o traduciran ao galego”.

Agora tócalle ao Instagram.” A nosa lingua vaise a manter se a xente nova a utiliza. E os mozos están nas redes sociais”. Reúne dúas características moi xalleiras. A perseverancia e a humildade.

Humilde detrás dun micrófono de Radio Xallas, emisora na que fala con ledicia, porque sabe que é a da súa terra. Humilde porque  non “vende motos” nin transmite ese ego tedioso que destilan outras persoas.

Traballa como xefe de prensa do BNG no Parlamento estatal a carón de Néstor Rego.”Ao mellor vas camiñando por un corredor e crúzaste con Pedro Sánchez” comenta.Afirma que vive con total normalidade a actividade neste centro de poder.“É todo moi normal, bastante terrenal. As veces de conversa de bar” apunta.

Sobre o congresista do BNG afirma:”Néstor Rego aparece en todas as comisións. Fai un traballo moi duro e moi intenso”.Estivo en Madrid, na explosión do coronavirus e nas negociacións para a investidura de Pedro Sánchez. Tamén durante tempo en Barcelona, onde colaborou con medios de comunicación da colonia galega e estivo nos “colexios electorais” do 1-0:”Foi a primeira vez que tiven medo real”.

Un politólogo que fai tarefas de xornalista. Que está feliz de poder resolver problemas desde o Parlamento. Un neno “raro” que con sete anos marchou de Santa Comba e chegou falando galego a Compostela. Non sei se aquel neno o acompaña sempre ou habita os campos do Xallas. Pero está claro que Carlos sempre volve.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos