2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

Manuel Durán adica un poema a «Radio Xallas»

 

RADIO XALLAS

Radio Xallas, radio amiga,

De ti ben sempre hei falar.

Nunca esquecerei o día

Que me fixeches chorar.

 

Santa Comba é dichosa,

Podo dicir alto e forte:

Temos a mellor das radios

De toda a Costa da Morte.

 

Xosé Manuel Lema Mouzo

Sempre nos vai a informar

Das noticias que pasaron

E das que están a pasar.

 

Este periodista xalleiro,

Unha persoa apreciada,

Director de radio Xallas

No programa da Encrucillada.

 

Na frecuencia 107.5

Podémolo escoitar,

Noticias da nosa terra

E da xente do noso lar.

 

Esta radio de Galicia,

Sorte que os xalleiros temos,

Que a diario nos informa

Do que pasa e non vemos.

 

Historias de emigrantes,

Historias de mariñeiros,

Que podemos escoitar

Nesta radio dos xalleiros.

 

Da mina de Varilongo,

Do famoso ouro negro,

Sintoniza Radio Xallas

Que cho conta en galego.

 

Radio Xallas infórmanos

Da vida dos labradores,

Dos nosos montes e ríos,

Dos troiteiros e cazadores.

 

San Pedro de Santa Comba

Protexe a Radio Xallas

De inxurias mal contadas

Por malas linguas canallas.

 

Neste cruce de camiños

Preto da Costa da Morte

Un xalleiro de Ponte do Porto

Cambiou a miña sorte.

 

Un día quince de xullo

Por radio Xallas pasei,

O agasallo que me fixeron

Nunca o esquecerei.

 

O que ese día pasou

Con letras eu describo,

Fun coas mans baleiras

E vin para a casa cun libro.

 

O libro da miña historia,

O que me van a publicar,

Poemas de emigrantes

Obrigados a emigrar.

 

Poemas de labradores

E tamén de mariñeiros.

Historias en poesía

Desta terra de arrieiros.

 

De emoción eu chorei,

Coma un rapaz pequeno,

Fíxose realidade

O soño que tivo un neno.

 

Para Xosé Manuel Lema,

Este poema miudiño,

Cando bautice o meu libro

Ti tes que ser o padriño.

 

O que fixeches por min

Na vida o esquecerei.

Xúroche fronte a Deus

Que á tumba o levarei.

 

Radio Xallas, miña amiga,

A voz do pobo xalleiro,

Hoxe cumpriches o soño

De Manolo do Troiteiro.

 

Manuel Durán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos