9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

O pintor Lema Otero foi recordado en Cabana

//Rafael Lema//

O pintor de Borneiro Manuel Lema Otero foi recordado esta fin de semana no seu concello natal, nas xornadas «Primavera en Dombate». Os participantes na ruta foron acompañados pola neta do autor, Natalia Lema, que recordou no só a cara artística do autor naif senón tamén a súa faceta didáctica cos nenos da aldea, aprendéndolles a pintar, ou dando charlas nas escolas.

O pintor de Borneiro, en Cabana, Manuel Lema Otero converteu o seu cadro «A batalla do Ebro» nun referente da pintura bélica nacional tras gañar o primeiro premio nacional de pintura naif da Fundación Barrié no 1982. É unha obra feita desde o punto de vista dos de abaixo, dun soldado pintor que viviu a batalla máis célebre e trascendente da nosa cruel guerra civil, no 1938. Feita por un protagonista directo dos feitos; gardou nas pálpebras a anguria ata que os tempos foron chegados e puido expresarse con liberdade, cando se sentiu dono da técnica e con tempo, entregado a unha paixón de madurez, xa retirado.

Batalla do Ebro: Coa sangue e a lembranza na gorxa

Lema fixo a obra en dous sábados e dous domingos, pero como excombatente ía na súa cabeza desde facía décadas: «yo tenía la sangre y el recuerdo en la garganta y lo único que hice fue ponerlo en el cartón…y pinté lo que recuerdo como el primer día». Fixo a batalla do Ebro na primera liña, como camilleiro de Sanidade no cruento sector do Segre.

O autor recrea os tres meses de batalla, o desastre visto, «árbores sen pólas e en cada unha un anaco de brazo ou de perna. Rapaces de 14 anos coa cabeza atravesada por un balazo. Fotos de nais e de pais empapadas de sangue e nas mans de moribundos». Dúas grandes columnas de lume ascenden cara aos ceos, e do negro fume dunha nace un monolito de cinza onde o artista resume a súa mensaxe: «Han sonado las campanas del cielo y de la tierra» pero os homes non as escoitaron, nun «tiempo de terror, angustia y muerte», por iso pide que gobernantes e pobo vivan o tempo novo da paz e «Dios nos aparte a toda la humanidad de otra guerra como esta que duró 90 días y 90 noches». Dous grupos de oito campás da cor das laradas e das árbores calcinadas tocan arrebatadas nunha imaxe en movemento de gran impacto, a carón da cincento monolito, no centro visual do lenzo.

Todo avanza mecánicamente deixando una estela de destrucción e morte: as nubes, os soldados coa vista fixa, os tanques, tres negros corvos ao unísono. Outro máis baixa e pilla a man dun cadáver. As nubes altas e medias levan tormentas no interior escuro, as máis baixas colleron a cor marela do edifico destruido e as vermellas das árbores e carros de combate ardendo. Sobre os escasos anacos verdes do campo so hai esqueletes, mortos vellos. Na outra beira do río, onde so chegaron as bombas, hai corpos recén mortos, ao igual que nun camión volcado cos restos da batalla: ametralladoras abandonadas, catro pinos que mudaron as follas por anacos de carne e guerreiras ensangu

Unha ponte de pedra derrubada foi sustituida por unha das famosas pontellas de barcas do combate, á que xe dirixen homes e máquinas para proseguir a cronoloxía da acción neste cadro en movemento. Dous elementos da biografía do autor aparecen na parte inferior esquerda. Un edificio en ruinas; e o hospital de campaña ateigado de feridos sangrando erguido a carón, rodeado de cascallos, madeiros, bloques esnaquizados.

No 2009 o seu cadro «O gran xuizo» participou na mostra de arte sacro da casa de cultura de Vimianzo, aos trinta anos da súa composición no 1979. No 2016 tras o Congreso de Escritores, no Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate tivo lugar unha exposición de pintura naif no centenario do seu nacemento. No 1982 exhibiu por vez primeira a súa obra en público, no concurso de arte naif ou inxenuista da Fundación Barrié, na sala da delegación provincial de Cultura da Coruña.

Exposicións de Lema Otero

Logo pasou a mostra ao Museo de Pontevedra; aos museos de Vigo, Lugo e Ourense; ao Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Participaría noutras cinco mostras en vida na provincia, e dúas máis póstumas no seu concello natal en 1994 e 1998. Esta última a I Mostra de Creación Plástica da Asociación Neria. Manuel Lema Otero nado no 1916 en Borneiro-Cabana faleceu no 1991, na súa localidade natal.

Lema Otero ten moitas obras de carácter autobiográfico, onde fala da guerra civil, dos seus oficios, do mundo rural; ou dos seus traballos na excavación do castro de Borneiro, recreando utópicos cadros de celtismo. O amor, as escenas de parellas, sobre todo rodeadas do esplendor da natureza, marcada por fermosas árbores en flor.

Outra liña é a de temática relixiosa, onde o pintor recrea iconas e cadros coñecidos, obxectos da súa devoción, ou ben imaxina escenas como o orixinal cado do xuizo final. «A última cea» ou «Adán e Eva» son pezas que poden entrar na listaxe de cadros relixiosos da pintura moderna do século pasado. O autor era profundamente relixioso e conservador, debecía en vida por «ir a Turín y descifrar el mito de la sábana santa». O Greco e Goya iluminan ao autor, que asemade amosou a súa querencia polo realismo, por Rubens e Murillo; polo comic, os tebeos do seu tempo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos