Entrevista a Tania Fuegho a partir do minuto 60
Tania Fuegho non para. Cada venres ás 22,30h lanza unha nova edición de “La Hora de” en Youtube. Con entrevistas, coa colaboración da xenial Otilia e máis cousas. “É un programa para que a xente estivera acompañada no confinamento”.Pero a idea semella que terá máis percorrido.
O que de momento se pechou foi a actividade televisiva continua (Era habitual no Luar da TVG). “Foron oito anos traballando arreo. Encantoume e aprendín moito pero últimamente cando entraba pola porta xa non era esa ilusión do principio. Algo me dicía que se estaba pechando un ciclo”.
Quere centrarse no seu:”Teño moi claro que son artista, cantante e compositora”. É consciente de que “o camiño artístico é moi lento pero eu quero dar dar pasos firmes e así estou indo”.
No oculta a preocupación xeralizada:”Teño moita incertidume co futuro. Senón hai concertos nin festas a que nos dedicamos?”. Asegura que ten compañeiros “que o están pasando fatal” porque “as prestacións que nos vende o goberno teñen moitísima letra pequena, moi miúda”.
Tania Fuegho ten toda a súa música en plataformas dixitais. E reflexiona sobre os artistas e o consumo de música.”Agora non pagan nin dez euros por un disco.Non hai cultura de pagar por escoitar música pero os artistas non vivimos do aire. Hai unhas horas de estudio, de composición e de creación. Non estamos por amor ao arte”.
Agora para a artista de Mazaricos é un momento de relaxarse e gozar da praia, como contou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, pero lembra que segue activa… na súa canle de Youtube.