Escoita a entrevista a Irma Macías(Vocalista Luar na Lubre) , a partir do minuto 79-
//@xmlema //
A súa voz non pasa desapercibida. Nin pasa para as moitas persoas que a chaman para actuar en actos relixiosos das nosas bisbarras (xunto con Joaquín). Nin pasou para o mítico grupo que lidera Bieito Romero.
“Eu crieime e medrei coa música de Luar na Lubre. Admito moito a música da nosa terra. É algo que me enche de vida. E agora estou con eles. Moitas veces estou no escenario e aínda non o creo. Paréceme incrible” asegura Irma Macías.
E xusto cando estaba a piques de lanzarse “Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos”, con novo disco e nova xira, chegou a pandemia de coronavirus.“Pillounos nun momento especial e paralizouse todo” lamenta a artista vimiancesa.
Irma Macías: “A ver se podemos retomar a normalidade”
“A ver se podemos retomar a actividade. Non sabemos moi ben que é iso da nova realidade. Eu quería a normalidade de sempre coa miña xente”.
E esa normalidade tamén significaba acudir a romarías ou funerais. A crise sanitaria tamén afectou ás igrexas.”Non se sabe aínda moito, estamos nunha incertidume”.
Sobre o COVID-19, Irma Macías confesa que xa lle preocupou desde un principio:”A palabra virus xa impón. É como se che tiran tiros e non sabes de onde veñen. Eu xa lle tiña respecto e me daba moitísimo medo”.