15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Diana Varela:”Medulia Editorial é unha vía máis de vivir a nosa vocación e o que sentimos pola literatura»

Entrevista a Diana Varela en Radio Xallas(Minuto 51)

// Xosé Manuel Lema//

Sabendo que no temón están dous grandes poetas como o mestre Xulio López Valcárcel  e Diana Varela Puñal, o proxecto xa ten un recendo a excelencia e a paixón.

Medulia Editoral é unha vía máis de vivir conforme a nosa vocación e ao que nos sentimos pola literatura” cóntanos Diana, creadora de Corme, que atende a miña chamada para intervir no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Levan uns anos con esta fermosa aventura e xa publicaron ó redor duns trinta títulos. Pero camiñan sen presa.”Imos pouco a pouco, intentando dar pasos en firme, coma formiguiñas pero sabendo o que queremos”.

Editoriais como Medulia son un termómetro axeitado para facernos unha idea da actividade creativa do país.”Non paramos de recibir manuscritos. É algo alentador”.

O testemuño de Diana Varela acredítase coa calidade dos textos que se presentaron ao certame Eduardo Pondal, que organiza. “Loitamos por sacar o certame adiante nunha situación especialmente dura, na que moitos certames quedaron adiados, pero as novas tecnoloxías abren a fiestra a outras posibilidades”. Nesta ocasión o gañador foi o poeta de Noia, Manuel López Rodríguez.

Varela Puñal lembra que están abertos a recibir orixinais a través do correo electrónico info@meduliaeditorial.es. “Agradecemos que alguén confíe en en nós para algo tan íntimo coma ler un manuscrito”.

Aparte de contar con dúas voces literarias de tanto nível, Medulia Editorial, xestiona todo o proceso:”Non somos unha mera imprenta. Somos unha editorial e xestionamos todo desde que chega o manuscrito, facemos unha primeira lectura para unha valoración das posibilidades de publicarse, e logo as correcións estilísticas, o tipo de papel, o deseño, mimamos o libro desde que chega as nosas mans”.

Tamén se encargan, mediante unha distribuidora, de que o volume chegue as principais librarías de Galicia, e axudar a súa promoción, e a difusión nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos