13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Modesto Fraga:”O galego ten que pervivir porque é unha lingua necesaria”

Foto- Víctor Hugo // Texto A.G.// O poeta fisterrán, Modesto Fraga, amosou o seu optimismo con respecto ao futuro da lingua galega, aínda que recoñeceu que está “nunha situación difícil” lamentando a súa ausencia na maioría dos medios de comunicación .

Especial Letras Galegas Radio Xallas-(Modesto Fraga, desde o minuto 8)

“Levo escoitando toda a vida que vai a desaparecer pero o galego está aí.Tampouco hai que caer nese excesivo alarmismo” dixo o escritor, lembrando que “o galego é unha lingua que leva con nós mil anos, a primeira lingua romance de cultura, e segue aí”.

Un sistema cultural sólido e vertebrado

O que “sucede é que está en contacto cunha lingua moi poderosa como é o castelán”. En contraposición, Modesto Fraga puxo en valor que “no noso idioma emparentamos cunha lingua como o portugués que se fala en todos os continentes”.

Polo tanto afirma:””O galego ten que pervivir porque é unha lingua necesaria”. Nunha entrevista na emisora pública Radio Xallas, falou das incertezas do presente e aínda que considera que en Galicia “temos un sistema cultural sólido e vertebrado” a crise sanitaria “non é unha cuestión particular porque afecta a todo o mundo”. E isto xenera dúbidas.

Biblioteca da Fisterranía

Referiuse á “Biblioteca da Fisterranía” un proxecto que definiu como “o máis importante do que poiden facer en toda a miña vida”. A verdade é que a empresa non é menor porque trátase de “recuperar a obra de grandes fisterráns que permanecen prácticamente no anonimato”.

E aquí xurden nomes, Francisco Esmorís Recamán, o Capitán Traba, Matías Escariz, Desiderio Paz Figueroa ou Ramón Marcote. Segundo Modesto Fraga o proxecto xa está “moi avanzado” e iniciarase coa obra  Esmorís Recamán “un erudito, un hombe dunha potencia creadora asombrosa”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos