7.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Radio Xallas celebrou o Día das Letras Galegas cun programa especial no que participou un amplo elenco de artistas

ESCOITA NESTE AUDIO O ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Domingo 17 de maio. Radio Xallas emitiu un programa especial con motivo dun Día das Letras Galegas especial, nunha situación descoñecida ata o de agora.

E baixo a dirección de Xosé Manuel Lema, e cunha breve lembranza de Ricardo Carvalho Calero arrancou un programa especial. As sintonías elexidas foron varias cancións do gaiteiro Pablo Seoane. O artista Christian Pensado estivo presente con varias fragmentos de cancións cantados “a capella”. E tamén co seu primeiro sinxelo “Perderei”.

Houbo unha entrevista ao poeta fisterrán Modesto Fraga, que falou sobre a celebración do 17 de maio, a situación do idioma e sobre a poesía.

Catro mulleres coa forza da palabra

Catro mulleres protagonizaron un fermoso recital poético. Regina Muñiz, Tania Yáñez, Adolfina Mesa e Teresa Ríos puxeron as súas voces neste encontro radiofónico.E o escritor Rafael Lema interveu para falar do idioma e dun artigo seu sobre Carvalho Calero.

Como peche escoitouse “Un canto a Galicia”, na versión do xalleiro afincado en Suiza, José Ramón Recarey.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos