SINTONIZA RADIO XALLAS AQUÍ –
Este domingo 17 de maio, Radio Xallas, celebrará o Día das Letras Galegas cun programa especial en directo que se emitirá a partir das 11,00, e con repetición ás 20,00h do mesmo día. O podcast tamén se compartirá no Facebook @aencrucillada e neste xornal.
Recital nas ondas
Seguindo a exitosa fórmula do Día Mundial da Poesía, escoitaranse versos recitados ou historias narradas pola xalleira Regina Muñiz, Tania Yáñez, Adolfina Mesa,Teresa Ríos ou Rafael Lema.
Entrevista a Modesto Fraga
Pero ademais o conductor do programa, Xosé Manuel Lema, fará unha semblanza de Ricardo Carballo Calero e lerá varios textos. E conversará co poeta fisterrán Modesto Fraga.
E algunha sorpresa
Pero desde Radio Xallas avanzan que xunto con este amplo elenco de colaboradores haberá algunha sorpresa que desde a dirección se reservan para este domingo, ás 11,00h. A emisora pode sintonizarse no 107.5FM, na web ou na app do concello, en Radio Garden ou a través desta ligazón