9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Alberto Suárez:”Para o mundo da verbena o coronavirus coincidiu na peor época que podería coincidir”

Entrevista a Alberto Suárez, desde o minuto 90

Como outras moitas cousas, o novo espectáculo de Trío Alborada (que forman José Manuel Suárez, Alberto Suárez e Enrique Miramontes), terá que agardar.

O máis novo dos tres, volveu a Radio Xallas. A opinión de Alberto Suárez representa un auténtico sentir no panorama musical:“Nadie o viu vir, nadie estaba preparado, entrou con moita forza. Hai moita xente prexudicada, en especial o noso sector. Para o mundo da verbena coincidiu na peor época que poderia coincidir. Xa estaban as inversións feitas nos escenarios, os repertorios case listos e datas pechadas que houbo que anular”.

Novidades do Trío Alborada

De feito, o Trío Alborada estaba preparando a nova tempada “con cancións novas, un espectáculo novo de humor, e unhas reformas no escenario”. Agora toca agardar:”O futuro é moi incerto. Pero hai que ter esperanza e tamén responsabilidade individual nesta situación”.

Alberto aproveitou ben o tempo libre. Ata colleu a gaita, que tiña no armario, por banda e púxose a ensaiar. Pero tamén aproveitou as redes sociais para manter o contacto cos seguidores, e tamén, cos alumnos de acordeón que ten o seu pai máis el. “As redes sociais son unha forma de estar en contacto e de poder seguir unidos coa xente e compartir cousas”.

Agarda que a cousa mellore, e que o goberno teña en conta a este sector (tanto os que están nos palcos como todo o que hai ao redor) nas liñas de axudas.E mentras tanto, “sobrevivindo o mellor que podemos” e seguindo vencellados á música, na medida que se poida.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos