Escoita a entrevista con Pablo Seoane en Radio Xallas, a partir do minuto 28 deste audio.
O gaiteiro Pablo Seoane Méndez leva dúas décadas dando clases de música tradicional no concello de Santa Comba, e como persoa comprometida coa cultura, seguindo as pegadas de moitos veciños e da súa expresión artística con gaitas, pandeiretas ou outros instrumentos.
“Agora está todo parado, no dique seco”
“Levo vinte anos anos vindo a Santa Comba e estou moi a gusto coa xente de aquí, e xa me considero un xalleiro máis” afirma este artista, tamén moi prexudicado profesionalemnte polo coronavirus.
“Pensamos que non ia a ser tan grande toda esta historia do coronavirus. Pillounos a todos co pé cambiado. E agora está todo parado, no dique seco” asegura.
E así é. As clases paralizadas, as actuacións tamén e coa actividade do seu obradoiro artesanal de intrumentos baixo mínimos. Tampouco se pode continuar co traballo de investigación do noso folclore.Con todo iso agarda que todo se vaia recuperando.
Folclore xalleiro: Pasado esplendoroso e futuro esperanzador
Neste tempo aproveitou “para acabar proxectos que estaban no tinteiro ou repasar vellos cancioneiros”.Non se cansa de reivindicar que a comarca de Xallas ten “un riquísimo” patrimonio. Non só de músicos. Tamén, por exemplo, de constructores de gaitas. E saen nomes coma Anido de Boaña, Manuel Pensado de Montouto ou Achiso de Grixoa.
E o presente, en canto á música tradicional en Santa Comba non é malo. Nas clases, que coordina a asociación Axio Mouro, hai sobre uns 170 alumnos.”Nos últimos cinco anos a cousa vai para arriba de forma asombrosa. Case tivemos que duplicar as horas de clase”.
Eso sí o maldito virus provocou que todo sufrirá un parón. Tiveron que suspenderse varias representacións de “Raigame” e este ano non se celebrará o histórico festival intercéltico de Lorient (Pablo é o delegado do certame en Galicia).
Pero este músico, segue “fabricando” ideas, e preparando proxectos que con toda seguridade nos farán gozar. E en concreto, un deles, con memoria de wolfram.