10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Jorge Castelo:”O obxectivo do Son da Curuxa é dar a coñecer cousas, sacalas á luz»

Xosé Manuel Lema. Escoita a entrevista a partir do minuto 59 deste audio.

Jorge Castelo Mourelle é un activista cultural xalleiro. Directivo de “Axio Mouro”, gaiteiro e , entre outras cousas, promotor xunto con Sergio Vázquez e Roberto López do blogue “O Son da Curuxa”.

Sobre esta última iniciativa falou en Radio Xallas. Nestas datas de confinamento os impulsores deste medio dixital aproveitan “para escribir máis artigos e facer acopio de información” para tentar “ir subindo material cada semana”.

“Sentímonos moi ben facendo estes artigos, por nós, porque estamos facendo algo necesario e pola xente, que ten dereito a saber” asegura Castelo.

Este desexo de “dar cousas a coñecer, sacalas á luz” pretende tamén divulgar para “evitar desastres” contra o patrimonio. O equipo do blogue quere sumarse “a laboura de divulgación” e neste senso destacan o traballo de Manuel Quintáns Suárez, que publicou no seu día un libro “que ten moitísima información da historia de Santa Comba” ou do arqueólogo Lino Gorgoso.

De momento, Jorge Castelo, está contento coa resposta popular aos artigos publicados. Agora ata fan enquisas en Instagram para que a xente elixa os temas a tratar, entre varias propostas.

Actividades de Axio Mouro

E neste entrevista non poidemos deixar de facer mención a actividade da asociación Axio Mouro:”Para a música o do confinamento foi un  pau bastante grande”. Jorge explica que había unha Foliada e un festival previstos. Tamén tivo que frearse o traballo de investigación sobre a música da comarca do Xallas, que está realizando, apoiado de persoeiros coma o mestre gaiteiro Pablo Seoane Méndez. Pero deste tema, xa falaremos noutro artigo.Agora o básico é que o blogue está aí, agardando pola túa visita.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos