Xosé Manuel Lema-
E aquí rematamos esta singladura por aquela gravación de Sobrekarga en 1994. Tempos aínda dos cassettes. E a última canción foi relegada adrede. Chámase coma o grupo “Sobrekarga”.
Quería comezar este artigo enviando un saúdo moi forte a tódalas persoas, que non foron poucas, que se comunicaron nas últimas datas connosco, transmitindo sentimentos, lembranzas, que nós fixeron sentir moi felices.
Con respecto a canción, é unha declaración de intencións e un novo canto de amor á terra. A nosa terra. A Ponte do Porto. A Costa da Morte. E a Galicia. E digo declaracións de intenciósn, porque xa no inicio desta aventura musical. Había algo claro. Que no noso repertorio non faltarían himnos adicados as nosas xentes e ao noso territorio.
Aquí está o vídeo e a letra.Penso que o mellor que podemos facer e espallar as nosas composicións. Aí quedan para os que queiran lembrar ou cecais coñecer.
ATA SEMPRE, SOBREKARGA
Un país de vento
onde caen bágoas do ceo
onde a zanfoña
fai soños eternos.
Nesta terra negra
humidade e pedra
catasol dos druidas
brava herdanza celta.
No día e na noite
no mencer e no solpor
nas cuncas de barro
nos muíños do amor.
No corazón do mar,
na escuma rebelde,
e na terra labrega,
a ti honrareite.
Non che pido e nada
país de vento e auga
dame a solución
para esta Sobrekarga.
Penso sempre en ti,
lévote na memoria,
nas veas marcado o teu nome,
na pel a túa historia.
ENLACES A VÍDEOS DAS OUTRAS CANCIÓNS
P.D.) Anos despois de esta maqueta, en 1997, Sobrekarga gravou o disco “Flores Negras”, en Clave Records. Formaban a banda neste tempo José Luaces, Cándido Canosa, Simón Santos, Anxo Fernández, Juan José Canosa e Walter Hartmann.