13.6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Versos xalleiros en tiempos del Coronavirus

El xalleiro, Manuel Durán Gómez, nacido en el lugar de O Cubelo lleva escribiendo coplas desde su etapa como trabajador en Suíza:”Xa sabes cousas da morriña” explica.

Siempre que hay algún acontecimiento lo plasma a modo de copla en sus cuadernos. “Cando pasa algo anormal na nosa terra sempre escribo algo. Como cando foi o do Prestige, do tren de Angrois ou dos atentados de Madrid”. 

En esta ocasión el “coronavirus” es el protagonista

Maldito coronavirus

Maldito quen te criou.

O peor dos inimigos

Ao que o mundo se enfrentou.

 

 

Inimigo invisible

Que ataca por detrás.

Que vén do mesmo inferno,

É fillo de Satanás.

 

 

Comezou unha guerra,

O mundo contra as sombras.

Unha guerra mundial,

Pero esta vez sen bombas.

 

 

Este inimigo estrano,

Que non veu a contar roscas,

Está a invadir a terra.

A xente cae como moscas.

 

 

Non sei se é unha praga

Ou é castigo de Deus.

Ogallá os meus rezos

Protexan os irmáns meus.

 

 

Igual estamos pagando

A sobervia da xente.

Ou tal vez sexa a natureza

Que nos está facendo frente.

 

 

Hai quen di que foi un fallo,

Maldito sexa o engano.

E outros tantos que din

Que foi un erro humano.

 

 

Xa mo dixo un vello sabio,

Cun dor moi profundo,

Que ía ser a propia xente

Quen ía acabar co mundo.

 

 

Tamén me dixo miña avoa

Que isto era un exame.

Co ritmo co que vai o mundo

Aínda ha volver a fame.

 

 

E tiña razón a velliña

Polo que estou vendo agora.

Que non soubemos gardar

Da risa para a chora.

 

 

De onde saíu este bicho?

Todos van a preguntar.

É coma un grande incendio

Que non se pode apagar.

 

 

Uns din que veu de América

E outros que veu de Oriente.

Viñera de onde viñera

Veu exterminar a xente.

 

 

Fora como fora a cousa,

Xa temos aquí o bicho.

Ou acabamos con el

Ou el nos manda ao nicho.

 

 

Unamos as nosas forzas

E unidos venceremos.

E o maldito coronavirus

Da terra o desterraremos.

 

 

Protexamos a eses vellos,

Que un día foron novos.

Non fagamos como a galiña

Que come os seus propios ovos.

 

 

Protexamos aos sanitarios,

Que son moi ben valorados.

Nesta guerra invisible

Son os primeiros soldados.

 

 

Á xentiña da limpeza

E a quen nos trae de comer.

A eses que poñen orde

E aos que nos veñen ver.

 

 

Para os que quedan na casa

E tamen para o muiñeiro.

Para o que planta o trigo

E tamén para o panadeiro.

 

 

Para os que están infectados

E para os que o bicho venceron.

Para eses familiares

Que un ser querido perderon.

 

 

Para os que non facemos nada

E estamos a ver o que pasa.

Fagamos o que nos din:

Quedar tranquilos na casa.

 

 

Esas que fan mascarillas

E tamén respiradores.

Para tod@s @s que nombrei,

Grazas por tantos favores

 

 

Non son tempos de política,

Ministros e presidente.

É hora de arrimar o ombro

E salvar á vosa xente.

 

 

Coa unión de todos,

Gran resultado veremos.

E ao inimigo invisible

Entre todos venceremos.

 

 

Cando acabe esta guerra,

De vencedores e vecidos,

Unha cura de humildade

Para os erros cometidos.

 

 

Metidos no túnel

Recémoslle á cruz,

Que o final do mesmo

Nos enseñe a luz.

 

 

Non hai que perder a fe,

Tampouco a nosa valía.

E ser sempre positivos,

Mañá será outro día.

 

 

Eu son galego español

Dende os pés ata entraña.

E boto un grito tan forte

Que se escoite en toda España:

Viva Galicia!!! Viva España!!!

 

Manuel Durán

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos