“Últimos días do Serpent”. Poemario inédito de Rafael Lema para os nosos lectores
O poeta porteño Rafael Lema Mouzo, tivo o detalle de compartir un libro de poemas inédito cos nosos lectores.
“Nestes tempos de confinamento e incertidume sempre e bo volver aos libros, a poesía na nosa fala.Así que quero compartir un poemario inédito para achegar a escrita en galego un pouco máis a todos” comenta Lema.
“Últimos días do Serpent” é unha homenaxe ao torpedeiro da Royal Navy, HMS Serpent afundido na Punta do Boi, en Camariñas.
Coincidindo co Día Mundial da Poesía, durante o serán deste sábado publicaremos esta obra para a que poidan as persoas que o desexen.