Este vindeiro domingo, a partir das 16h, o concello de Santa Comba celebra unha “Festa Familiar” do Entroido no recinto feiral xalleiro.
Haberá concurso de difraces nas categorías individual, parellas, grupos e comparsas. Tamén un concurso de postres, inchables e obradoiros. Actuará o Mago Teto. En total repartiranse máis de dous mil euros en premio, en vales de compra en establecementos do concello.
As actividades arrancaban este venres co “Entroido miúdo”. Participaban os alumnos dos colexios Barrié de la Maza, Nuestra Señora Inmaculada, Pepe de Xan Baña, da Gardería municipal e dos colexios rurais agrupados de Santa Comba e Coristanco.
Luns Día de Rosalía
Con motivo do Día de Rosalía, o vindeiro luns 24 de febreiro, a biblioteca municipal de Santa Comba acollerá unha función de “A Trastenda dos Contos”, desde as 17h.