En lembranza de José Lema Suárez
Lembro aquel día de borraxeira nas rúas e derrota no corazón. Dos ouveos dos cans de noites pasadas que aínda ecoaban no aire. Era unha despedida que levaba mastigando desde facía moitos meses. Sempre coa ilusión dunha sorpresa inesperada. Preguntas pola noite mirando as estrelas, naquel cemento frío, no que soñou toda unha xeración de rapaces.
Lembro aqueles días negros. Aquela dor que nace das inxustizas. Decepción e impotencia. Pasaron trinta anos daquel 5 de febreiro, no que todo cambiou. Acabouse a túa historia terrenal. Ti marchabas e eu empezaba un camiño orfo de tantas cousas. Con tantas dúbidas e posiblemente tantos erros.
Pero sempre notei a túa compaña preto. E nunca te olvidei, porque quería que seguirás vivindo en min. Tento cada día honrar o teu nome e seguir o teu exemplo. Coa ilusión intacta de compartir tantas cousas que temos pendentes. Algún día será.
Pasaron trinta anos e a túa memoria sobrevive, como parte que é do meu pasado e do meu presente. Estás nas oracións e nos pensamentos. E non me canso de darche as grazas, Papá.
Xosé Manuel Lema