18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Banda Xangai: sabor de rumba e orquestra galega

Xosé Manuel Lema

Entrou como un paxaro pola xanela e mesturouse entre todas as cancións que había para escoitar. Pero tiña un brillo propio. O encanto pegadizo da rumba desde os primeiros compases. A maxia poderosa dos metais, daquelas orquestras das que me falaba o meu pai. Banda Xangai, así se chama esta orquestra bravú que lanzou ou seu primeiro tema «Dous quereres”.

Non tardamos en programar a canción en Radio Xallas, e en localizar  a esa tropa de artistas que forman a banda. E encontrámonos nas ondas, cunha desas almas rebuldeiras da Galicia cultural, Xurxo Souto, que nos falou desa canción que fala do viaxe dos emigrantes galegos con destino a Barcelona no tren “Xangai”.

Entrevista de Xurxo Souto en Radio Xallas a partir do minuto 61 deste audio

“É unha realidade común a moitas persoas que non estaba expresada musicalmente” explicounos Souto, poñendo en valor esa  “conexión cultural” entre Galicia e Barcelona.

“Hai camiños invisibles, como o da relación constante con Barcelona, milleiros de emigrantes galegos foron alí a traballar”afirma Xurxo Souto reivindicando que Galicia é “un pobo de artistas, un pobo creativo”.E honrando a Pucho Boedo e Los Satélites, Los Trovadores ou a orquesta Finisterre.

O vindeiro sábado, coincidindo co 25 aniversario do “bravú”, a banda Xangai actuará na Sala Malatesta de Santiago de Compostela xunto cos Rastreros. Ogallá poidamos seguir gozando de máis temas coma este.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos