Xosé Manuel Lema- Escoitar a entrevista en Radio Xallas a partir do minuto 65.
Sheyla Fariña é unha das actrices, xunto con Mela Casal e Nieves Rodríguez, que forma parte do elenco de “Invisibles”(Redrum Teatro), que se representa este xoves no ciclo de teatro de Santa Comba(21,30h multiusos).
Asegura que “Invisibles” é “un espectáculo duro pero necesario”, sobre a violencia de xénero, “un tema que nunca non estivo de actualidade por desgraza”.
O poder do teatro para o cambio social
Fariña considera que “o teatro ten un poder xigante para o cambio social e para facer reflexionar”. E neste senso, “Invisibles” está conquerindo resultados óptimos.”Estamos logrando cousas. Hai moitas persoas que se achegan e nós dín que estas cousas están pasando.É emocionante ver a reacción da xente”.
Nunha entrevista en Radio Xallas, explicou que estamos diante dunha obra na que se conta a historia de sete mulleres que sufriron violencia de xénero, co que isto representa pero na que tamén “hai momentos para rir”.
A maxia do teatro
Non é unha produción só para un público adulto. Tamén vai dirixido aos adolescentes “que a esas idades teñen as súas primeiras relacións de parella”.
Como actriz, Sheyla Fariña ten unha dilatada traxectoria en series de TV (como Acacias 38) e longametraxes, e confesa que “gústame moito o audiovisual pero o teatro ten unha especie de maxia difícil de explicar”. Ainda que haxa que repetir distintas funcións “non te aburres”.