-0 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

Bernarda, aposta segura no ciclo de teatro de Santa Comba

Xosé Manuel Lema. Entrevista con Xoque Carballal a partir da 1:10:00 de programa

Avalada polo público onde se representou e tamén por algúns premios acadados, a obra “Bernarda” chega a Santa Comba como segunda proposta do V Ciclo de Teatro que organiza o departamento de cultura do concello xalleiro.

Segundo explicou en Radio Xallas o produtor e alma máter da compañía Malasombra, Xoque Carballal “Bernarda é un espectáculo que conta a vida de tres mulleres durante a transición española en Galicia”. A historia comeza o día que morre Franco. Ese día tamén morre o home e o pai das protagonistas.

As tres mulleres son Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja. Unha nai e dúas fillas. A matriarca “é unha muller tradicional que impón un loito rigoroso, pero ten dúas fillas novas. Ese choque xeracional é a base da historia que nos contamos”, asegura Carballal.

Desde unha óptica divertida

A hora está inspirada en “La Casa de Bernarda Alba”. Pero é un texto orixinal de José Prieto. Un argumento que resulta “moi familiar e que fara pasar un moi rato”.

Segundo Xoque Carballal, a experiencia das funcións está sendo moi positiva:”Nós tratamos todo isto dunha maneira moi divertida, sempre tiramos do humor, porque nos parece unha boa maneira de contar as historias”.

A función ten a garantía dunha compañía que xa colleitou éxito en Santa Comba con obras como “D.E.P.. unha comedia de morte”. A posta en escena tamén é de salientar nas distintas produccións da compañía pontevedresa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
953SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos