Xosé Manuel Lema
O actor e cómico Sergio Pazos regresa a Santa Comba. Estivo na primera edición do ciclo de monólogos e volve para pechar a quinta edición.
Como avanzou en Radio Xallas, está traballando nunha nova serie que se emitirá na Televisión de Galicia, que se titula “Do dereito e do revés”.
Sergio Pazos transfórmase en Tarazano Rodeiro
Este venres no auditorio da Casa da Cultura de Santa Comba. Sergio Pazos non será Sergio Pazos. Será Tarazano Rodeiro da Chispa e explicará “con humor e moita actualidade o que facían os afiadores”.
Un espectáculo con boa acollida:”Os afiadores somos uns pioneiros, os primeiros trotamundos, emigrantes e cooperativistas”.
Bricomanía en plan enxebre
Neste evento irán saíndo da boca do afiador “historias de xentiña que marchou, anécdotas divertidas e outras inventadas, coas se identifica moita xente. Moitas persoas do rural falan conmigo despois do espectáculo”, apunta o cómico.
Pero tamén a xente nova, que se conecta as narracións de “Afiando con humor”. Como asegura Pazos, “os afiadores hoxe serían como os de bricomanía en plan enxebre”